Bases Inscrición
BASES 7ª EDICIÓN FESTIVAL RiR · 2024
As bases para participar na 7ª edición do Festival RiR, que terá lugar en Allariz (Ourense) do 1 ao 7 de Setembro de 2024, son as seguintes:
 
  1. As curtametraxes que se presenten a concurso deben ser producidas a partir do 1 de Xaneiro de 2022.
  2. Valorarase positivamente que as obras a concurso sexan estreas, e penalizaranse aquelas que sexan accesibles ó seu visionado a través de internet de xeito público.
  3. Poderán presentarse diferentes curtametraxes (Ficción, Animación ou Documental) mentres que o xénero sexa Comedia, independentemente da súa temática.
  4. A duración de cada curtametraxe non superará os 15 minutos con créditos da obra incluídos.
  5. A data límite para enviar as pezas será o día 30 de Xuño de 2024 ás 23:59 horas. A inscrición poderá facerse a través dos portais web Festhome ou Movibeta, completando tódolos campos que se indican.
  6. Para calquera dúbida, contactar polo correo no enderezo: contacto@festivalrir.com.
  7. Na ficha de inscrición da obra debe especificarse claramente quen é o/a representante legal da obra. Así mesmo, o autor/a ou representente legal da curta comprométese a presentar obras onde as imaxes e as músicas sexan orixinais ou no seu caso teñan o permiso necesario para utilizalas, que deberán adxuntar se así o require a organización.
  8. Tódalas curtametraxes e o material audiovisual que se envíe para concursar e participar no Festival RIR deberán ter o seguinte formato de proxección: .MOV ou .MP4 (codec H264) Resolución: 1920 x 1080.
  9. As obras seleccionadas para a competición oficial recibirán unha notificación privada do Festival RIR nas semanas anteriores á celebración do certame, coñecerano antes de que se faga público, e terán que mantelo en privado ata que a organización do festival o publique nas súas redes sociais.
  10. As obras seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do Festival RiR.
  11. A organización resérvase o dereito de empregar ata o 10% do minutado de cada peza seleccionada para uso promocional do festival e das propias obras.
  12. As obras gañadoras poderán ser exhibidas íntegramente, despois da celebración do evento, nun circuito de actos promocionais do Festival RIR a celebrar en diferentes localidades galegas, previa comunicación á persoa responsable legal da obra.
  13. Establécese un xurado que será anunciado antes do inicio do festival e a súa decisión será inapelable.
  14. Para os premios do público, as votacións efectuaranse mediante papeleta que se dará aos asistentes en cada sesión. A gañadora será a obra coa mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida entre o número de votantes.
  15. Os premios poderán quedar desertos se algún dos xurados así o decide. Os xurados poderán establecer as mencións especiais que consideren oportunas.
  16. Establécense os seguintes premios:

a) Outorgados polo Xurado:

  • Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción: Galardón.
  • Premio á Mellor Curtametraxe de Animación: Galardón.
  • Premio á Mellor Curtametraxe Documental ou Mockumentary: Galardón.
  • Premio Fundación Vicente Risco ao Mellor Guión: Galardón.
  • Premio á Mellor Realización: Galardón.
  • Premio á Mellor Interpretación: Galardón.

b) Outorgado polo Público:

  • Premio á Mellor Curtametraxe: Galardón

17. Durante a celebración do certame, as obras seleccionadas exhibiranse en dous pases como máximo, agás que a obra sexa galardoada, que nese caso será proxectada de novo nunha sesión especial do Palmarés do Festival RiR. Os propietarios e/ou representantes das obras presentadas ao Festival RiR eximen ao festival de calquera pago ou taxa en concepto de dereitos de autor, ante calquer entidade de xestión pola exhibición pública non comercial das obras, sempre e cando esta exhibición se produza única e exclusivamente dentro das datas oficiais do evento, en virtude do carácter divulgativo e gratuito do mesmo.

A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.


INSCRICIÓNS EN LIÑA